Beta Orionis
| Beta Orionis | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Parte de
| |||||||||
|
Época
| |||||||||
|
Astro fillo
| |||||||||
|
Constelación
| |||||||||
|
Clasificación espectral
| |||||||||
|
Tipo de estrela variable
| |||||||||
| Características orbitais | |||||||||
| Velocidade de rotación | 38 km/s | ||||||||
| Velocidade radial | 17,8 km/s | ||||||||
| Declinación do movemento propio | 0,5 mas/a | ||||||||
| Ascensión do movemento propio | 1,31 mas/a | ||||||||
| Ascensión recta | 78,634467067 ° | ||||||||
| Declinación | −8,201638365 ° | ||||||||
| Características físicas | |||||||||
| Diámetro | 103.000.000 km | ||||||||
| Radio | 78,9 R☉ e 74,1 R☉ | ||||||||
| Masa | 18 M☉ | ||||||||
| Gravidade superficial | 56 cm/s² | ||||||||
| Distancia da Terra | 860 a.l. | ||||||||
| Magnitude aparente | 0,13, 0,13, −0,56, 0,1, 0,15, 0,22, 0,2 e 0,18 | ||||||||
| Magnitude absoluta | −7,84 | ||||||||
| Temperatura efectiva | 12.130 K | ||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Beta Orionis (β Orionis / β Ori), máis coñecida coma Rigel, é a estrela máis brillante da constelación de Orión, aínda que a súa denominación de Bayer "beta" debería corresponder á segunda estrela con máis brillo da constelación a súa magnitude aparente de +0,18 sitúaa por diante da estrela α Orionis, Betelgeuse. Está situada no suposto pé esquerdo da figura do cazador Orión que forman as estrelas da constelación. De aí o seu nome de orixe árabe, Rijl jauza al-Yusra, "o pé esquerdo do central", en alusión a Orión. Outro nome árabe que tamén posúe é Algebar, cuxa orixe está en ar-Rijl al-Jabbār, "o pé do xigante".
Sábese que Rígel é unha binaria visual dende 1831, cando foi medida por vez primeira por Friedrich Georg Wilhelm von Struve. Aínda que a estrela acompañante, Rigel B, ten magnitude +6,7, a súa proximidade a Rígel A (máis de 500 veces máis brillante) supón un desafío para telescopios de menos de 150 mm de apertura. Á distancia estimada do sistema, Rigel B está separada da estrela primaria por máis de 2500 unidades astronómicas (ua); consecuentemente, non se detectou movemento orbital algún, se ben comparten movemento propio.